Segue en marcha o campus impulsado polos irmáns Erik e Sergi Quintela
Segue en marcha o Campus Kingtela na cidade. O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, visitou as xornadas de tecnificación premium do campus, impulsadas polos irmáns Erik e Sergi Quintela, nas instalacións de Frigsa, cedidas polo Concello de Lugo.
Durante a visita, na que estivo acompañado polos irmáns Quintela, Jorge Bustos destacou a importancia de iniciativas como esta para o desenvolvemento deportivo da mocidade. "Lugo é deporte e iniciativas como as xornadas de tecnificación do Campus Kingtela son fundamentais para que na nosa cidade medren deportistas de élite como quen hoxe me acompañan e tantos outros en diferentes disciplinas”, apuntou.
Bustos subliñou tamén o compromiso do Goberno local para fortalecer o tecido ascociativo deportivo da cidade. "O noso traballo céntrase en dotar de recursos e infraestruturas en óptimo estado ás nosas asociacións e clubs deportivos, garantindo así un futuro próspero para o deporte en Lugo."