Seguen as visitas guiadas ás catas do barrio do Carme

LugoXa
Lugo organiza para setembro visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme, co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio histórico.
visitas guiadas barrio carme lugo
6 sep 2021

Lugo organiza para setembro novas visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme, co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural desta zona da cidade, pola que discorren, ademais, o Camiño Primitivo de Santiago e a Vía Romana XIX.

As visitas, que se celebrarán os xoves, venres e sábado, contarán con 20 prazas dispoñibles en cada quenda. Concretamente as datas serán o 9, 10, 11, 6, 17, 18, 23, 24 e 30 de setembro e 1 de outubro ás 18.00 horas, o 25 de setembro e o 2 de outubro será ás 12.00 horas e ás 18.00 horas. Os interesados deberán formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico á dirección dusilugo@lugo.gal.

Os xacementos atopados correspondense con diferentes etapas históricas, estando o principal vencellado a unha edificación romana.

0.19408488273621