Seguen avanzando os traballos na pasarela de San Roque

LugoXa
Continúan avanzando los trabajos de la nueva pasarela de San Roque en Lugo que facilitará el acceso al centro de salud.
ruben arroxo maite ferreiro pasarela san roque
16 Mar 2022

O tenente alcalde e concelleiro de mobilidade e infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a pasarela de San Roque, onde está a piques de rematarse a cimentación da base. O tenente alcalde explicou que “continuamos a traballar na construción desta estrutura, que permitirá á veciñanza un mellor acceso ao Centro de Saúde de San Roque, cun percorrido practicamente plano que evitará a pronunciada pendente que se atopaban actualmente”.

Ata o de agora, avanzouse na construción da cimentación da pasarela, o que fixo preciso reorganizar certos servizos xa instalados na rúa. Unha vez se completen estes traballos, instalaranse os piares e despois a propia estrutura da pasarela. En total, o Goberno de Lugo inviste 220.013,95 euros na execución desta obra.

"Desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíbel a esta solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando ", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "desde a área de Mobilidade estudamos as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda". A pasarela unha vez rematada terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros.

0.11416506767273