Seis centros de Lugo participan na primeira Liga de Oratoria da cidade

LugoXa
A I Liga de Oratoria Intercentros terá lugar do 10 ao 12 de maio e reunirá a seis centros educativos da cidade.
1 May 2024

A I Liga de Oratoria Intercentros terá lugar do 10 ao 12 de maio e reunirá a seis centros educativos da cidade. Concretamente, participarán o IES Muralla Romana, CPR Maristas, IES Ollos Grandes; FEC San José, IES Lucus Augusti e CPR Franciscanos. A través desta iniciativa promovida polo Concello, a través da Área de Xuventude, buscan promover as habilidades de oratoria, incentivar o pensamento crítico e o traballo en equipo entre a mocidade lucense.

“En total participarán 44 alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obligatoria (ESO), con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, que estarán dirixidos por seis profesores”, avanzou o concelleiro Jorge Bustos. A Liga de Oratoria é unha das grandes novidades da programación que poñen en marcha dende a área de Xuventude para este segundo trimestre do ano. Con ela queren proporcionar un espazo de debate, no que os mozos e mozas poidan expresas a súa visión da sociedade e asimilar os valores dos sistemas parlamentarios, fundamentados no respecto e a capacidade de diálogo co obxectivo de avanzar como sociedade.

En cant ao xurado, entre seus membros atópanse: Manuel Maseda, profesor de Dereito da UE na Universidade de Valladolid; Saúl Corredoira recoñecido como mellor orador das edicións do Parlamento Xove de 2017, 2018 e 2023; Antonio Platero, un dos xuíces máis destacados do panorama de debate académico en Galicia, formando parte tanto do Parlamento Xove como do Torneo de Debate Académico de Galicia en múltiples ocasións.

O desenvolvemento dos enfrontamentos da liga estará baseado nun modelo innovador que combina algúns trazos distintivos do debate académico e do debate British Parliament (as dúas modalidades máis estendidas en Europa). Ao longo da competición, celebraranse enfrontamentos dialécticos entre os equipos que se organizarán nunha primeira fase de grupos e unha segunda fase eliminatoria. En cada categoría, escollerase ao equipo campión, ao subcampión e ao mellor orador ou oradora.

Obradoiros gratuítos

Os enfrontamentos da Liga contarán cun formato particular. Todos os enfrontamentos serán valorados polo equipo de xuíces nun máximo de 70 puntos. En todos os enfrontamentos, 50 puntos serán outorgados no debate inicial e 20 nas dúas probas posteriores. A fase previa e os cuartos de final celebraranse na Casa da Xuventude de Lugo, o venres en horario de 15.15 a 21.00 horas, e o sábado de 09.00 a 20.15 horas. Mentres que as semifinais e a final celebraranse na Casa Consistorial, de 09.45 a 14.30 horas.

A celebración da Liga de Oratoria incluirá obradoiros gratuítos e abertos á mocidade lucense o sábado de 16.30 a 18.00 na Casa da Xuventude, sen necesidade de inscrición previa. Estarán impartidos polos xuíces da Liga e abordaranse temas como a linguaxe non verbal, como estrutura un discurso, como xerar interese á hora de falar en público, como comunicar ideas complexas de forma simple, etc.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1943461894989