Seis liñas de autobuses modificarán o seu percorrido durante o San Froilán

LugoXa
O tenente alcalde, Rubén Arroxo anunciou os horarios especiais das distintas liñas de bus urbano que se aplicarán durante o San Froilán.
autobus plataforma accesibilidade paso peons fonte dos ranchos (5)
26 sep 2023

O tenente alcalde, Rubén Arroxo anunciou os horarios especiais das distintas liñas de bus urbano que se aplicarán durante o San Froilán. Arroxo explicou que "as principais liñas que comunican o centro coas distintas zonas da cidade ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá para permitir a toda a veciñanza que queira asistir ás festas poder volver á casa de maneira segura".

Os aparcadoiros do Pazo provincial dos Deportes e o das Termas funcionarán durante o San Froilán como aparcadoiros disuasorios de gran capacidade, onde se poderá deixar o coche e achegarse en bus ata o centro da cidade.

As liñas 1.2, 1.4, 9, 10, 12 e 13 comunicarán o centro cos dous aparcamentos, e os días 4, 6, 7 e 11, días previos aos festivos e fins de semana, ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá.

Liña 1.2 Campus USC- O Ceao – Hula

Continuará o seu percorrido ata as 03:07 rematando na parada de Sindicatos. Eliminarase a chegada ao HULA, e desde Avenida Benigno Rivera seguirá por Avenida Infanta Elena e Paulo Fabio Máximo, continuando o seu percorrido habitual.

A parada da Praza de Bretaña quedará suprimida , instalarase unha alternativa en Celso Emilio Ferreiro, na esquina con Ramón Ferreiro

Liña 1.4 Campus USC- O Ceao – Hula

Desde as 22:42 (Obras Públicas) prolóngase ata as 03:12 (Obras Públicas). Varía o trazado, suprimindo a visita ao Ceao e dando a volta en Infanta Elena

A parada da Praza de Bretaña quedará suprimida , instalarase unha alternativa en Celso Emilio Ferreiro, na esquina con Ramón Ferreiro

Liñas 9/12 Casco Histórico (Bolaño) – Abella e Casco Histórico (Bolaño) - Pol. Gándaras

Desde as 22:15 (Bolaño), circulará ata as 03:15 (Bolaño)

Liñas 10/13 Ronda Muralla (Sindicatos) - As Gándaras e Ramón Ferreiro - Cemiterio

A partir das 22:30 (As Gándaras), circulará ata as 03:00 (Cemiterio). Modifícase a parada de Ramón Ferreiro (Feminino), que se ubicará temporalmente en Ramón Ferreiro nº 14

0.18104100227356