Seixón arranca as festas de San Paio con liscos e chourizos de balde

A parroquia de Seixón, no concello de Friol, celebrará os vindeiros días 13, 14 e 15 de xuño as tradicionais Festas na Honra a San Paio, cun completo programa que mestura gastronomía popular, misas solemnes e verbena para todos os públicos.
As festas comezarán o venres 13 de xuño cunha cita gastronómica destacada: a partir das 21:30 horas, o Bar Xestoso ofrecerá liscos e chourizos gratis a todas as persoas asistentes. A noite continuará coa actuación do Dúo Son de Festa, que animará a primeira verbena das festas.
O sábado 14, terá lugar a misa solemne ás 13:30 h, seguida da tradicional sesión vermú. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo do Grupo Máster, que se encargará de poñer a música e o ambiente festivo ata altas horas.
O domingo 15, novamente ás 13:30 h, celebrarase unha misa solemne, seguida dunha nova sesión vermú. A tarde estará protagonizada polo tardeo musical entre as 19:00 e as 21:30 h coa actuación do Grupo Jaque, poñendo o broche final a tres días de celebración e convivencia veciñal.