Seleccionan un logopeda para a atención temperá en Outeiro de Rei
TerraChaXa | LugoXa
COESCO selecciona un/unha logopeda para servizo de atención temperá a nenos/as de entre 0 e 6 anos en Outeiro de Rei.
22 Xan 2022
Coesco selecciona un/unha logopeda para o servizo de atención temperá de Outeiro de Rei, que atende a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos con transtornos no desenvolvemento.
As responsabilidades principais destes posto de traballo é dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten nenos e nenas con transtornos no desenvolvemento, facilitando a súa autonomía persoal e a inclusión social.
Para acceder ao traballo requírese diplomatura ou grao en logopedia. Especialidade en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou apoio familiar, ou acreditar experiencia suficiente no ámbito de atención sanitaria ou sociosanitaria.
Os interesados poden enviar curriculum a empresas@coescoformacion.com.