Señor López pechará a programación cultural deste ano da Asociaciación Hipócrita Teatro
A Asociación Cultural Hipócrita Teatro organiza o sábado 18 de decembro ás 19.00 horas no Escenario Hipócrita a súa última función do ano 2021.
A compañía Señor López Producións Teatrais será a encargada de representar A viaxe do Señor López, un espectáculo para público familiar que está cheo de sorpresas e guiños optimistas, co fin de rematar o ano cun sorriso.
Rubén Pérez Pombo protagoniza o espectáculo e dá vida ó Sr. López, un adulto triste e solitario que emprende unha viaxe que o cambia todo, mesmo a súa maneria de vivir.
A función forma parte do Circuíto de Teatro Profesional 2021 organizado pola Deputación Provincial de Lugo.
A entrada é de balde.
Señor López
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaroinuit. Producións Señor López estréase con esta montaxe que achegará un sorriso ao público familiar.