Sergio Vallejo fixo unha demostración do coche co que competiu no Dakar deste ano

TerraChaXa | LugoXa
Javier Arias acompañou ao piloto meirego Sergio Vallejo nunha demostración do vehículo co que competiu co apoio da Xunta no Dakar 2023.
sergio vallejo recepcion lugo javier arias
25 Feb 2023

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, acompañou ao piloto meirego Sergio Vallejo nunha demostración do vehículo co que competiu co apoio da Xunta no Dakar 2023, unha das carreiras máis duras e populares do mundo. Vallejo tivo como copiloto ao tamén lucense Mario Tomé.

O meirego, dúas veces campión de España de rallies, correu a bordo dun Century Racing CR6. Esta fin de semana Vallejo levará o vehículo ao circuíto Jorge Prado de Lugo para que os afeccionados poidan achegarse a velo e coñecer as súas capacidades, coincidindo coa celebración da proba do Campionato de España de Motocross que se desenvolverá nese recinto os días 25 e 26 e que tamén conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

0.20066499710083