Sesión vermú, verbenas e churrascada nas festas de Mazaille, en Baralla

LugoXa
A romaría terár lugar o día 7 de setembro e contará con sesión vermú, verbena e churrascada popular
Fogos artificiais
Foto recurso
18 Ago 2024

Mazaille, parroquia do concello de Baralla, celebra as súas festas no mes de setembro. A romaría terá lugar o día 7 de setembro e contará con sesión vermú, verbena e churrascada popular. A cita comeza ás 13.30 horas con sesión vermú da man de Airiños do Neira e o Trío Merengue, que actuará a partir das 14.00 horas.

Pola tarde, haberá unha exhibición de tallas en madeira con motoserra con Eugenio Linares e tamén unha sesión de tarde co cantante Dani Pardo a partir das 21.00 horas. A gastronomía tampouco falta no programa. A partir das 22.00 horas organizan unha churrascada popular de balde para a que é preciso anotarse antes do 5 de setembro.

O programa remata pola noite a partir das 00.00 horas cando comeza a verbena que estará amenizada polo Trío Merengue e Punto Clave. O peche da festa será con Adolfo Valiño. O campo estará cuberto con carpa.

festas_mazaille
0.13758993148804