Sete deportistas da Escola Deportiva Shihan participarán no Campionato de España Infantil

Esta fin de semana, a Escola Deportiva Shihan volverá amosar o seu gran nivel deportivo coa participación de sete das súas alumnas no Campionato de España Infantil, que se celebrará en Logroño.
Unha vez máis, o club consolídase como referente autonómico, sendo o que máis competidores achega á Selección Galega.
A representación de Shihan neste campionato é total, con deportistas clasificados en todas as categorías e en todas as modalidades. Na modalidade de Kata e Kumite, participarán Iría Enríquez, Carmen Cendán e Mencía Vilas. En Kumite, competirán Adrián Liz e Ángela Buide, mentres que en Kata o farán Lorena Román e Carla Pérez.
Este logro reflicte o gran traballo realizado pola escola, tanto na formación técnica como na preparación competitiva do seu alumnado.