Sete lucenses viaxan a Belgrado na plantilla do Breogán

LugoXa
Sete lucenses viaxan co Rio Breogán a Belgrado para desputar hoxe un partido na súa volta a competición europea
Lucenses Breogan
21 sep 2022

O Río Breogán volve á competición europea 36 anos despois para disputar un primeiro partido da fase de clasificación para a Basketball Champions League. O encontro terá lugar en Belgrado contra o FMP serbio hoxe mércores ás 20.00 no Aleksandar Nikolic Hall. O equipo lucense deberá gañar este e outros dous partidos para clasificarse para a Basketball Champions League.

O conxunto celeste, que vén de gañar a Copa Galicia contra o Obradoiro, volve á mesma cidade onde na tempada 1985/86 disputara a Copa Korac con Tito Díaz e Manel Sánchez en plantilla. Este ano o conxunto breoganista viaxa  con sete lucenses dentro da súa plantilla. Os dous xogadores Erik e Sergi Quintela, tres membros do equipo de adestradores Quique Fraga, Javier Muñoz e Fernán Varela, e dous membros do equipo médico, o fisioterapeuta Pablo Duarte e o doutor Coira.

0.20965600013733