Sete policias locais de Lugo participarán no campionato de España de BTT
LugoXa
A Concellería de Deportes, dentro da súa política de apoio aos deportistas lucenses, proporcionou equipamento aos sete representantes do Corpo da Policía Local de Lugo que competirán no XXV Campionato de España BTT para policías locais que se disputa ata o 23 de setembro nas Palmas de Gran Canaria.
21 Sep 2023

A vestimenta proporcionada polo Concello está composta por un pantalón curto, unha camisola e un chándal destinado ao equipamento de descanso. Este campionato de España de Bicicleta de montaña é unha competición pechada á participación de membros dos persoais de policías locais de toda España que se celebra anualmente e que consta dunha proba única.