Reportaxe: Signos e pictogramas celebran as Letras Galegas no Menéndez Pelayo

LugoXa
O alumnado do CEIP Menéndez Pelayo preparan a representación, en linguaxe de signos e pictogramas, de 'Terra' das Tanxugueiras.
lingua signos
8 May 2022

No último censo de persoas con diversidade funcional en Galicia, revelou que na provincia de Lugo hai 23.291 persoas que contan con algunha discapacidade. Deles, 645 teñen 15 anos ou menos e, polo, tanto están en idade escolar.

O censo, realizado pola Xunta de Galicia, tamén revela que 6041 persoas da provincia contan con algún tipo de discapacidade sensorial. É dicir, amosan falta de audición, de vista ou, mesmo, da fala. Se volvemos a mirar as cifras dos escolares con diversidade funcional sensorial, un total de 83 viven na provincia de Lugo.

Ante esta realidade, colectivos e institucións traballan arreo para facilitar a vida destas persoas. Pero, o certo é que, actividades cotiás que todos temos asumidas como ir á escola, pode chegar a ser un reto diario.

E ben o saben no Colexio Menéndez Pelayo de Lugo, onde hai uns anos, chegoulles un neno con dificultade de fala e audición, tendo que chegar a poñerlle unha profesora de lingua de signos para que o pequeno puidera relacionarse efectivamente.

O proceso de aprendizaxe deste neno chamou a atención dos seus compañeiros de aula que, pronto, comezaron a aprender tamén esta lingua alternativa.

Todos eses nenos, hoxe están en primeiro de primaria, un dos cursos participantes nunha acción pioneira que desenvolverá o centro o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

E é que os alumnos de primeiro a sexto de primaria do Menéndez Pelayo preparan, xunto ao profesorado, a representación, por lingua de signos e pictogramas, da canción Terra das Tanxugueiras.

Manuel Núñez, director do centro, explicou que cada ano, pola semana das Letras Galegas buscan realizar certas actividades conmemorativas. “Este ano hai varias actividades pero na que se involucra á totalidade do alumnado do colexio vai ser a de desarrollar pictogramas e lingua de signos sobre a canción das Tanxugueiras”.

Segundo explicou o director, haberá dous espectáculos ese día no centro. 1º, 2º e 3º de primaria sairán primeiro e 4º, 5º e 6º irán despois. Todos representarán a canción con pictogramas e lingua de signos. Os alumnos de infantil, nesta actividade permanecerán como espectadores.

En palabras de Manuel Núñez, os nenos están “acostumados” xa a realizar este tipo de actividades, habituais no centro, “especialmente antes da pandemia” como a dramatización ou o baile.

“Fixeron o Despacito hai uns anos, tamén fotocalls...están acostumados a facer este tipo de actividades programadas tendo en conta a novidade do momento e as posibilidades do centro”, explica o director.

O mérito desta nova iniciativa é do profesorado. “Na reunión de planificación, pareceulles interesante e, ao ter tido un alumno que precisou a unha profesora de AL (lingua de signos) para pode comunicarse, pensaron que sería interesante para traballar non só o Día das Letras Galegas, senón tamén a inclusión e a diversidade”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1867151260376