Silvia Rodríguez renova como secretaria xeral do PSdeG en Portomarín

LugoXa
Os socialistas apostan pola continuidade cun equipo que busca reverter o retroceso do municipio e acadar a Alcaldía en 2027
Silvia-Rodríguez-secretaria-xeral-PSOE-Portomarín
1 Sep 2025

O PSdeG de Portomarín abre unha nova etapa coa renovación da súa Executiva local, na que Silvia Rodríguez repite como secretaria xeral.

A agrupación socialista aposta pola continuidade e pola combinación de experiencia e ilusión á fronte dun equipo que traballará con enerxía para reverter o retroceso que, segundo sosteñen, vive o municipio.

Na nova dirección, Montserrat Díaz asume a área de Organización mentres que José Rodríguez será o responsable de Política Municipal.

Desde a agrupación subliñan que continuarán propoñendo medidas e fiscalizando a acción do actual goberno local, cun obxectivo marcado: conquistar a Alcaldía nas eleccións municipais de 2027.

⚙ Configurar cookies
0.22840714454651