Sindicatos piden un convenio colectivo digno para o sector das panadarías na provincia de Lugo

LugoXa
A marcha sairá ás 10:30 horas do venres da Praza do Rei e rematará na sede da CEL na Praza de Santo Domingo
Fonte-do-rei-LUGO
15 May 2025

A CIG, UGT e CCOO convocan unha manifestación para este venres, 16 de maio, en demanda dun convenio colectivo digno para o sector das panadarías na provincia de Lugo.

A marcha sairá ás 10:30 horas da Praza do Rei e rematará na sede da CEL na Praza de Santo Domingo.

A CIG chama as traballadoras e traballadores a participar nesta mobilización para dar unha resposta contundente ás pretensións patronais de consolidar a precariedade e os baixos salarios.

O convenio para as industrias do pan de Lugo está vencido dende o 31 de decembro de 2023 e aínda que a mesa de negociación está activa, nas nove reunións mantidas até agora foi imposíbel chegar a un acordo a causa das propostas miserentas da patronal.

O convenio de panaderías regula na provincia de Lugo a unhas 1.500 persoas, e aínda que a maioría traballan en pequenas empresas, o sector estase concentrando cada vez en compañías de maior tamaño e mesmo combinando distintas actividades nos despachos de venda. Porén, nesta negociación, a patronal pretende consolidar a precariedade económica nun convenio colectivo no que as táboas xa quedaron por debaixo do SMI.

⚙ Configurar cookies
0.15182399749756