Socios do Fluvial denuncian a pouca información da situación actual por parte da directiva
Os socios do Club Fluvial de Lugo denuncian a mala xestión que están a realizar dende a entidade. Así o sinalan despois da asamblea xeral celebrada o pasado martes 29 de xullo á que tan só asistiron menos de 30 socios.
Esta asamblea, según socios que participaron nela, "foi unha asamblea atípica. A orde do día da asamblea -desta e de todas- está composta, en primeiro lugar, pola lectura e a aprobación da acta da última asamblea, neste caso a que se celebrou o 21 de xaneiro por causa da pandemia, e, en segundo lugar, recóllese o informe do presidente do último ano para que, a continuación, se aproben as contas e o presuposto. Remátase co apartado de rogos e preguntas".
"O tempo que estivemos alí, sobre dúas horas, foi un monográfico sobre o que pasou coa concesión xa que tanto as contas coma o presuposto se aprobaron con unanimidade e sen preguntas. Por iso, a maior parte do tempo o presidente deu explicacións sobre por que se perdera a concesión e incluso se falou da contratación da mellor avogada ambiental de España, para que lles levara todo o tema da renovación da concesión e que entrou posteriormente por videoconferencia. Ela deu unha serie de explicacións que, basicamente, se resumen en que a Confederación Hidrográfica lles denegara a concesión despois de haber presentado o proxecto para solicitarla para o aproveitamento do río polos máximos anos legalmente posibles", sinalaron.
Con esto, os socios explicaron que o Fluvial, actualmente, non ten a concesión do aproveitamento da praia fluvial, pois é unha zona de aproveitamente público xa que é un espazo do cauce do río. Así mesmo, non ter esa concesión implica que todas as instalacións que se atopan na zona de aproveitamente público -piscina, canchas deportivas- atópanse sin licencia.
Así mesmo, comentaron que na asamblea "o presidente, lonxe de recoñecer que a xunta directiva tivo que facer algo mal para que non lles deran unha concesión que ten o Fluvial dende fai máis de 80 anos, xustificou esto cunha persecución das administracións cara a súa persoa sen aportar ningunha proba". "Decir esto dunha administración pública é tanto coma decir que se ditan resolucións arbitrarias, algo que é considerado delito de prevaricación" completaron.
A Confederación Hidrográfica do Norte resolvera favorablemente, en 1998, o aproveitamento da auga a derivar no río Miño e a concesión da ocupación dos terreos de dominio público hidráulico por un prazo de vixencia da autorización de 20 anos. Así pois, en 2018 o Club Fluvial ingresou na Confederación Hidrográfica a instancia solicitando unha nova autorización por un prazo de 50 anos ou do máximo legalmente previsto "da ocupación e legalización das instalacións existentes na actualidade". Sen embargo, a Confederación non deu dita renovación por desestimiento, xa que se presentou unha documentación adicional e dende o Club Fluvial nunca contestaron a ningún requerimento da Confederación Hidrográfica. A continuación iniciouse outro proceso -que é o actual- e que rematou coa denegación.
Según os socios, dende a xunta directiva explicaron as súas razóns de por que non teñen a concesión e que agora se vai a recurrir. Así mesmo, engadiron que se hai que demoler a piscina ou se hai que mover as pistas de tenis, farase.
Así mesmo, tamén comunicaron que na asamblea non falaron de ningunha solución, senón que o único que teñen claro é que a sanción é firme e que se pon fin á vía administrativa. "Pódese ir a un contencioso que se vai alargar no tempo pero que, sen embargo, a sanción xa se executa polo que habería que levantar o párking, a piscina e a cancha de tenis. Dende a directiva aínda están decidindo que estratexia van a seguir. A avogada, de feito, defendeu que poden avogar a que estas instalacións levan moito tempo ahí, sen embargo, o que pasa é que perderon a concesión e, unha vez que a perdes, téñencha que volver a dar. Esto é complicado a causa dun novo Real Decreto 1/2016, do 8 de xaneiro, no que se fai incompatible ter instalacións deportivas nunha zona de aproveitamento público. É dicir, están nunha fase de non saber que facer”.
Para concluír, os socios tamén quixeron destacar a pouca información que trasladaron dende a xunta directiva na que apenas se responderon ás preguntas da asamblea. Así mesmo, en ningún momento se mencionaron consecuencias inmediatas para os socios do clube que denuncian que “esto ten unhas consecuencias. Non ter a concesión quere dicir que pasa a ser zona pública pero o club ten instalacións nese espazo de aproveitamento público. Esas instalacións tiñan unha licenza que está supeditada á concesión. Se non hai concesión, non hai licenza. Non sabemos se teñen que precintar esas instalacións. Non sabemos nada porque non queren que se sepa nada”.