Solaina abre o venres unha mostra de URBRU

LugoXa
O vindeiro venres 14 de xullo ás 18h terá lugar na galería de arte Solaina a inauguración de Pluriempleada o muerte de URBRU.
urbru bruno alonso ruiz
10 Xul 2023

O vindeiro venres 14 de xullo ás 18h terá lugar na galería de arte Solaina a inauguración de Pluriempleada o muerte, "unha conxunción de traballos e experiencias onde se representan queixas, alegrías, preguntas, vivencias e estupideces non tan tolas. As outras realidades do non camiño na vida da non xente da arte, con todo o seu contexto de supervivencia e de clase traballadora".

Pluriempleada o muerte é unha mostra individual de artista URBRU (o Bruno Alonso Ruiz). Naceu en Burgos en 1991. Leva os últimos oito anos coa súa base principal n’Os Blancos, unha aldea ourensá preto de Xinzo de Limia. Alí formou parte do colectivo Espacio Matrioska, mentres seguía desenvolvendo unha serie de proxectos individuais e outros traballos de supervivencia. Esto xunto con traballar a horta e facer unha vida “illada” cun grupo de colegas influenciou a súa maneira de pensar e facer as cosas. O cariño, o lugar, o traballo manual, o aproveitamento de recursos, o xogo, o tempo e a diversión son os piares dos seus procesos e inquietudes creativas.

A mostra estará aberta durante todo o verán en horario de mércores a venres de 11 a 14h e de 16.30 a 20h e os sábados de 11 a 14h.

Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura da cidade e de Galiza en xeral, e no que os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súas pezas. Este proxecto está actualmente dirixido e curado por Sergio Marey, un novo artista lucense.

Solaina quere ser un referente da arte na Galiza e no mundo, e cuxo obxectivo é proporcionar “un espazo aberto a todas as artes e disciplinas, a calquera proxecto, coa intención de descentralizar a arte e achegala á sociedade”.

Solaina non só permite dar a coñecer a novos artistas contemporáneos, dándolles oco nunha galería, senón tamén serve para visibilizar todas as disciplinas, dende a música á pintura, pasando pola instalación, a moda ou a foto entre outras. "A idea é dar un espazo real para todas as artes e crear un lugar de diálogo para as artistas que queiran mostrar o seu proxecto. Solaina é ese lugar de encontro das artes, dunha cultura emerxente que quere estalar, e
onde todes son benvides", din.

0.079576015472412