Son de corda e Díese Ensemble actuará na Casa do Saber de Lugo este luns

LugoXa
Son de Corda e Díese Ensemble ofrecerán el concierto de Santa Lucía este lunes en la Casa do Saber de Lugo.
Sondecorda
11 Dec 2021

A formación musical luguesa Son de Corda e Díese Ensemble ofrecerá este luns 13 de novembro, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto de Santa Lucía, unha actuación incluída no ciclo Músicas a carón da Mosqueira, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Son de Corda e Díese Ensemble ofrecerán un concerto variado, cuxo repertorio permitirá ao público viaxar no tempo a través de obras de grandes compositores, tales como Mozart, Brahms, Beethoven, Inzenga, Rameau, Schubert, ás que se engaden outras pezas anónimas tamén moi coñecidas.

As persoas interesadas en asistir a este concerto de Santa Lucía poderán acceder á Casa do Saber de balde ata completar o aforo e respectando as limitacións derivadas da COVID-19.

0.2080352306366