Soñar celebra a súa cuarta Festa da Xuventude o 18 de outubro con música e verbena

LugoXa
O evento incluirá sesión vermú, comida popular, pancetada gratuíta e actuacións de orquestras e DJ
Soñar-Lugo-festas
1 Oct 2025

A parroquia de Soñar, en Lugo, acollerá o sábado 18 de outubro de 2025 a cuarta edición da súa Festa da Xuventude, unha xornada de celebración marcada pola música e a convivencia.

O programa dará comezo ás 14.00 horas cunha sesión vermú amenizada pola orquestra Los Españoles, á que seguirá unha comida popular no campo da festa.

Xa pola tarde subirán ao escenario os DJ Casanova e DJ Patakiña, que animarán a mocidade cun repertorio variado ata entrada a noite. A partir de aí terá lugar unha pancetada gratuíta e a continuación a verbena, novamente coa orquestra Los Españoles e o acompañamento dos DJ invitados.

A organización puxo á venda os tickets para a comida, cun prezo de 25 euros e prazo límite de reserva ata o 12 de outubro.

⚙ Configurar cookies
0.092026948928833