Soñar celebra as Festas de San Pedro 2025 cunha fin de semana chea de música

A parroquia de Soñar, no Concello de Lugo, prepárase para celebrar as tradicionais Festas na honra a San Pedro durante os días 4, 5 e 6 de xullo de 2025.
O programa promete tres días de festa con música, gastronomía, actos relixiosos e actividades para os máis pequenos.
O venres 4 de xullo, a festa comezará ás 22:00 horas cunha churrascada popular para todos os asistentes. A verbena estará animada polo grupo Eclipse, seguida dunha sesión con DJ Patakiña, garantindo unha noite de ritmo e diversión.
O sábado 5 de xullo comezará coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Alianza. Pola noite, a verbena continuará con Alianza e o Grupo Bomba, que farán bailar a todo o público co seu espectáculo musical.
O domingo 6 de xullo, as celebracións comezarán tamén coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha nova sesión vermú, desta volta con Punto Clave.
Pola tarde, ás 19:00 horas, o grupo volverá actuar na sesión de tardeo, e á mesma hora haberá xogos gratuítos para nenos e nenas organizados por Total Sport.