Adiada a charla que ía dar Sonia Villapol en Lugo

LugoXa
O motivo do adiamento débese a un desaxuste horario no voo procedente de Dallas
Sonia-Villapol
10 Jun 2025

A charla-coloquio da neurocientífica Sonia Villapol, que estaba prevista para hoxe ás 19:00 horas no Vello Cárcere de Lugo, terá que ser adiada por causas alleas á Tenencia de Alcaldía. O motivo do adiamento débese a un desaxuste horario no voo procedente de Dallas.

O acto, aberto ao público, ía centrarse no impacto da industria das celulosas na saúde da poboación e na análise do caso Altri.

O Goberno de Lugo e a propia neurocientífica están xa a traballar na procura dunha nova data, que será anunciada nos vindeiros días.

⚙ Configurar cookies
0.18364286422729