Stanislav Surin e o Orfeón Lucense actúan na Catedral

LugoXa
A actuación enmárcase na XI edición do Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi Lucense
CatedraldeLugo-1-2
16 Jun 2025

A Catedral de Lugo acollerá un concerto protagonizado polo organista eslovaco Stanislav Surin e o Orfeón Lucense, coro oficial da S.I.C.B., baixo a dirección do seu titular, Marcos M. Fernández Mosquera.

A actuación desta noite ás 21.00 horas enmárcase na XI edición do Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi Lucense e incluirá un repertorio con obras de compositores como Bach, Palestrina, Tomás Luis de Victoria, Mozart, Donizetti, Cabanilles e o propio Surin.

O evento ofrece unha nova oportunidade para gozar da música sacra e do son do órgano no marco incomparable da Catedral luguesa.

⚙ Configurar cookies
0.19401502609253