Stop Suicidios celebra unhas xornadas e un recital esta fin de semana

LugoXa
Lugo acollerá esta fin de semana unha serie de actividades organizadas polo colectivo Stop Suicidio Lugo.
14 Dec 2023

Lugo acollerá esta fin de semana unha serie de actividades organizadas polo colectivo Stop Suicidio Lugo. Estas darán comezo este venres 15 coa celebración da primeira Xornada de Saúde Mental e Suicidio Lugo.

A partir das 18.00 horas reuniranse no Auditorio Vello Cárcere representantes de profesións vinculadas a este tipo de enfermidades. Falarase nesta sesión das actuais medidas de sanidade, da situación socio económica e laboral de Lugo as súas principais causas sociais, así como a exposición das medidas das que dispoñen asociacións sen ánimo de lucro, doutras comunidades e tamén estatais.

Finalmente aproveitarase para presentar oficialmente esta asociación que intenta previr este problema, xa que o suicidio é a primeira causa de falecemento no natural en España e esta estatística está liderada por Lugo.

O domingo está previsto tamén, no auditorio Gustavo Freire un recital de poesía a cargo de Debajodelapalmera, que actuará xunto ao cantautor e músico Valiente. Será a partir das 20.00 horas. O prezo da entrada é de 10 euros na venda anticipada e de 12 no auditorio.

Estaba prevista tamén unha gran gala para este sábado pero esta foi suspendida hoxe por falta de acordo co Concello. O responsable da entidade anunciou que intentará celebrala antes de que remate o ano.

0.089775085449219