Suevia Rojo completa a súa residencia artística no Vello Cárcere no marco do ciclo Residencias Paraíso

Suevia Rojo rematou a súa residencia artística no Vello Cárcere, incluída no ciclo Residencias Paraíso, organizado polo colectivo RPM en colaboración coa área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, resaltou a importancia deste programa como un apoio esencial ao sector das artes do movemento, especialmente na fase inicial de investigación e creación de espectáculos, ao tempo que fomenta o diálogo coa cidadanía. Ferreiro sinalou que esta iniciativa está en liña coa estratexia municipal que tamén engloba eventos como o Festival Cartografía en Movemento ou o ciclo LED – Lugo En Danza.
Suevia Rojo, bailarina e performer freelance nacida en Santiago de Compostela en 2002, leva a cabo unha investigación artística que explora o corpo como espazo de memoria e o diálogo interno entre estados físicos e emocionais. Durante a súa residencia en Lugo desenvolveu o proxecto “Incorpórea”, un convite á auto-investigación e ao recoñecemento interior, onde as distintas capas da conciencia convértense en mapas vivos das experiencias e emocións que nos definen.