Supervisan o final das obras para mellorar a seguridade viaria no colexio As Mercedes

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía ampliou a beirarrúa da rúa Montirón "o que permite ampliar os espazos seguros para as nenas e nenos"
vieiros-seguros-escolares-montiron
29 Mar 2026

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola edil de Educación, Iria Buide, e o responsábel de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a rúa Montirón, onde vén de rematar unha nova actuación de mellora do espazo público "que permitirá aumentar a seguridade peonil nesta contorna escolar", dixo Rubén Arroxo. Na visita, os edís estiveron acompañados por integrantes da ANPA e da directiva do CEIP As Mercedes.

Rubén Arroxo destacou esta actuación como "unha nova fase do plan de mellora das contornas escolares", e afirmou que a Tenencia de Alcaldía leva "anos" traballando na mellora dos espazos "seguindo a liña das actuacións realizadas nos colexios Luís Pimentel e Rosalía de Castro, e que nuns meses veremos na Anexa". Nesta ocasión, a Tenencia de Alcaldía actúa na rúa Montirón, na contorna do Colexio As Mercedes.

O proxecto executado nesta zona responde ás peticións da ANPA e da dirección do centro. As intervencións consistiron principalmente no ensanchamento da beirarrúa diante do colexio, co obxectivo de facilitar os accesos e incrementar a protección dos nenos e nenas tanto nas entradas como nas saídas das clases.

Con esta actuación, a Tenencia de Alcaldía segue avanzando para que todas as crianzas de Lugo conten con espazos seguros no entorno dos seus centros escolares, consolidando unha cidade máis amable e protectora coas nenas e nenos.

0.13147687911987