Supervisan os traballos en Santa María Alta para mellorar a cobertura móbil do rural de Lugo

LugoXa
A instalación destas infraestruturas permitirá resolver os problemas de cobertura que afectan tanto ás vivendas como ás explotacións gandeiras e agrícolas da zona
Instalación-de-torres-de-telefonía-móbil-no-rural-Lugo
10 Feb 2025

O Concello de Lugo segue adiante coa mellora da cobertura móbil nas parroquias do oeste do municipio, avanzando no acondicionamento do espazo onde se instalarán torres de telefonía en Santa María Alta, Gondar e San Pedro de Mera.

A concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou os traballos en Santa María Alta, que continúan en marcha á espera da finalización do acceso.

En Gondar, os operarios seguen traballando nas actuacións previstas e espérase que a torre sexa izada o próximo 17 de febreiro. Pola súa banda, en San Pedro de Mera, as obras también avanzan, aínda que a súa finalización dependerá da evolución meteorolóxica das próximas semanas.

Conectividade esencial para o rural

“Garantir unha conectividade axeitada é esencial para fixar poboación e facilitar a actividade económica nas parroquias”, sinalou Abelleira, quen destacou que esta actuación beneficiará a preto de 20 parroquias e núcleos de poboación.

A instalación destas infraestruturas permitirá resolver os problemas de cobertura que afectan tanto ás vivendas como ás explotacións gandeiras e agrícolas da zona.

A edil tamén recordou que “o Concello cedeu os terreos a custo cero e cobre o exceso de financiamento das acometidas eléctricas para que o servizo poida prestarse con todas as garantías”.

Esta actuación forma parte do convenio marco entre Amtega e Fegamp para a mellora das comunicacións móbiles no rural galego, unha iniciativa na que Lugo segue avanzando co obxectivo de asegurar a igualdade de acceso aos servizos dixitais para todos os seus habitantes.

0.19344305992126