Susana Temez: "Como mamá sei que ás veces é difícil atopar roupa actual a un prezo asequible"

LugoXa
Susana Témez é a fundadora de Charanga en Lugo, unha tenda de roupa infantil que conta con tallas dende recén nacido ata os 12 anos.
Susana Temez Charanga
19 Xuño 2022

Que é Charanga?
Charanga é unha tenda de roupa de nenos que vai dende recén nacido ata os 12 anos. A roupa da que dispoñemos é actual, divertida e moi colorida. Ademáis, temos novidades todas as semanas. Facemos grandes promocións durante o ano, que varían dende todo ao 50% ata a segunda prenda a 1 euro. Neste senso, Charanga dispón dunha Rede Charanda, que consiste nunha tarxeta de fidelización que é totalmente gratuita e que, grazas a ella, durante todo o ano a nosa roupa ten descontos directos dende o 20% ata o 50%.

Como xorde Charanga?
Charanga é unha franquía española que vende en todo o estado. En Lugo, naceu xusto antes da pandemia aínda que a causa dela a apertura retrasouse ata o 26 de xuño de 2020, polo que este mes, celebramos o 2º aniversario.

Antes de Charanga viña do mundo da moda infantil ou abriu a tenda por unha necesidade propia?
Abrimos a tenda Charanga Lugo entre dúas socias, malia que na actualidade é só dunha. As dúas viñamos da rama da sanidade, porque como mamás que somos ás veces é difícil atopar roupa actual, divertida e a un prezo asequible aquí, en Lugo. Xa que, moitas veces, ou imos a grandes cadeas, nas que, ao final, van todos os nenos iguais na fila, ou, desgraciadamente, caemos na tentación de internet. Isto está acabando co pequeno comercio de proximidade e estase acabando o bo trato cara os clientes. Aquí intetamos cuidar e tratar aos clientes como nos gustaría ser tratadas.

Nos últimos tempos, especialmente dende a pandemia, vimos en Lugo como moitos negocios de puericultura pecharon, é un sector complicado?
Non é un sector complicado. O complicado, nestes momentos, é ser autónomo, pagar os alugueiros ou os recibos mensuais, que cada vez son máis altos. Realmente, o sector da roupa infantil, baixo o meu punto de vista, é un sector moi agradecido para as persoas que, coma min, adoran aos nenos. Son persoas que dan alegría só con miralos. Para min, persoalmente, que entre un neno pola porta, poder chamalo polo seu nome, darlle un caramelo ou un globo e que te devolva o sorriso ten moito valor.

Que pode atopar o cliente?
Aquí, en Charanga, o cliente pode atopar dende pixamas de bebé recén nacido, roupa deportiva para todos os días, ata roupa máis de vestir para ir de invitados a comuñóns ou bautizos. E, como xa expliquei, a prezos moi competitivos durante todo o ano.

Os nenos son un público difícil á hora de probar a roupa ou convencelos de que algunha cousa vaille quedar mellor que outra. Como é traballar con eles?
A min, persoalmente, que non viña do sector, sorprendeume o fácil que é probarlles roupa. Aínda que, tamén é verdade, que hai uns poucos aos que non lles gusta. En Charanga, para estes últimos, ofrecemos o servizo de que poidan mercar a roupa, levala á súa casa e, se non lles queda ben ou non lles gusta, poden regresar e se lles devolven os cartos sen ningún tipo de problema; dentro do prazo dun mes.

Cales son os produtos máis solicitados?
Son moi variados e dependendo da estación. As chaquetas vaqueiras teñen moito público xa que sentan moi ben. Pero tamén ten moita aceptación a roupa de praia, tanto de neno coma de nena. A verdade tivemos e temos gran aceptación grazas á calidade que ten a nosa roupa.

Ás portas do verán, que roupa se levará entre os nenos nesta tempada?
Este verán veñen pisando moi forte as cores laranxa e pistacho. A colección de verán está chegando agora mesmo e, a verdade, é que é moi bonita e ten moita cor, tanto en neno e nena coma en bebé.

Que proxectos ten de cara ao futuro? Que obxectivos se marca?
Obxectivos realmente, nos días de hoxe, temos que ir pouco a pouco. Pero, dende logo aquí e cos clientes dos que dispoñemos a día de hoxe é un luxo poder estar. Gustaríame poder seguir facendo isto que me gusta e desfruto, durante moitos anos.

0.19760799407959