Suso López presenta na casa museo de Manuel María o seu novo poemario

LugoXa | TerraChaXa
Será este sábado, ás 19.00. horas, nun acto no que tamén se proxectarán dúas curtas
suso-lopez-gaita-films
Suso López
30 May 2024

O produtor de Gaitafilmes, o meirego Suso López, presenta este sábado, 1 de xuño, ás 19 h, na Casa-Museo Manuel María o seu primeiro poemario Non aparecen bicis, editado hai uns meses por Edicións Positivas.

Suso López, coñecido polo seu traballo no mundo do cinema, producindo fitas como DHOGS, Welcome to ma maison ou Ulises, e pola súa pertenza a grupos musicais como Voladura e Os Bluesomes, vén participando desde 2019 en obradoiros de escrita creativa e colaborando en varias publicacións e recitais colectivos. Con Non aparecen bicis adéntrase individualmente no mundo da poesía.

O acto deste sábado virá adubado polas outras inquedanzas creativas do propio Suso López, a música, interpretando na presentación unha serie de cancións, e o audiovisual, coa proxección das curtas Ulises e Sandwich cat.

A actividade é aberta ao público mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.071017026901245