Suspenden o mercado e o rastro do Corgo por mor do temporal
A Asociación os Cinco Ríos do Corgo, coa colaboración do Concello, recupera o mercadiño e rastro de cousas usadas do municipio tras o éxito da pasada edición. A cita celebrarase o primeiro domingo de cada mes ao lado da Cámara Agraria, aínda que o mercado deste domingo queda cancelado por mor do temporal. Nas vindeiras xornadas haberá postos de polbo e vendedores ambulantes e calquera particular tamén poderá achegar o seu.
Ademais, como novidade todas as persoas poderán levar unha cousa antiga para expoñer e a máis curiosa terá premio. Os xogos tradicionais como petanca, lanzamento de sacho e lanzamento de boina será un dos sinais de identidade da cita. Todos os meses realizaranse estas probas e acumularanse puntos ata agosto, cando se entregarán os galardóns ao primeiro clasificado de cada disciplina.