Suspéndense as actividades deportivas federadas na tarde deste domingo pola previsión de chuvia

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
En zonas da provincia de Lugo, así como no noroeste e interior da Coruña e nas comarcas do Miño, Sur, Montaña e Valdeorras en Ourense, a Xunta activou o aviso amarelo
chuvia-paraugas
18 May 2025

A Secretaría Xeral para o Deporte decidiu interromper as competicións federadas que se celebren ao aire libre durante a tarde do domingo nos concellos do centro e sur da provincia de Lugo.

A medida aplicarase a partir das tres da tarde e manterase ata a medianoite, coincidindo coa activación dunha alerta laranxa por parte da administración autonómica debido a precipitacións intensas e treboadas.

A alerta declárase porque se agardan chuvias que poden superar os 30 litros por metro cadrado nunha hora nas zonas máis afectadas, mentres que nas áreas baixo aviso amarelo poderían acumularse máis de 15 litros no mesmo intervalo de tempo. Ademais, prevese actividade eléctrica e non se descarta a presenza de sarabia.

A suspensión afecta a un total de 38 municipios, 27 deles situados no centro da provincia: Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba e Xermade. A medida tamén alcanza a 11 concellos do sur: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

Noutras zonas da provincia de Lugo, así como no noroeste e interior da Coruña e nas comarcas do Miño, Sur, Montaña e Valdeorras en Ourense, a Xunta activou o aviso amarelo por un episodio de tempo adverso que tamén poderá provocar incidencias.

⚙ Configurar cookies
0.12715888023376