Suspendido o Mercado de Frigsa previsto para este venres por un aviso por vento

LugoXa
A Axencia Estatal de Meteoroloxía alerta de refachos de ata 70 km/h, o que obriga a aprazar a actividade por razóns de seguridade
visita-mercado-frigsa-cristina-lopez-bng
30 Jan 2026

O Mercado de Frigsa programado para este venres, día 30 de xaneiro, queda suspendido como consecuencia do aviso amarelo emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía por ventos de compoñente oeste, que poderán acadar refachos de ata 70 km/h.

Desde a área de Participación explican que a celebración desta actividade será retomada unha vez que as condicións meteorolóxicas sexan favorables e non supoñan un risco para a cidadanía.

Ao mesmo tempo, fan un chamamento ás veciñas e veciños de Lugo para que sigan as recomendacións e indicacións das axencias meteorolóxicas, co obxectivo de evitar situacións que poidan comprometer a súa seguridade.

⚙ Configurar cookies
0.085124969482422