Taboi arranca cunha churrascada o venres as festas
LugoXa | TerraChaXa
Super Top, Judith Cundins e o dúo Venus encargaranse da música
Cartel
25 Xuño 2024
A localidade de Taboi, en Outeiro de Rei, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Pedro.
Estas arrancarán o venres, ás 22.00 horas, cunha churrascada popular de balde, á que seguirá a verbena a cargo de Discomóvil DBC. Durante a celebración haberá sorteo de agasallos.
O sábado será a misa máis, ás 13.30 horas, a que abrirá o programa, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo de Super Top. Esta mesma amenizará a verbena xunto a Judith Cundins.
O domingo despois do oficio relixioso, á mesma hora, haberá procesión a cargo de Gaitas Galegas e despois a sesión vermú estará a cargo do dúo Venus, que porá o punto e final á festa. Haberá petiscos durante a sesión musical.