Taboi e Parada, en Outeiro de Rei, están de festa desde este venres

LugoXa | TerraChaXa
Unha liscada e churrascada anttes da verbena darán inicio ás celebracións
festas-en-taboi-e-parada
27 Jun 2025

As parroquias de Parada e Taboi, no concello de Outeiro de Rei, celebrarán as súas tradicionais festas patronais cun amplo programa de actividades para todos os públicos. En Parada, as festas de San Xoán arrancarán hoxe, venres 27 de xuño, cunha liscada popular gratuíta ás 21:30 horas, amenizada pola actuación do dúo Son de Festa. O sábado 28 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e sesión vermú coa orquestra Supertop. A verbena da noite estará a cargo da mesma orquestra xunto co DJ Francis. Durante a sesión vermú haberá colchonetas gratuítas para os máis pequenos. As celebracións completaranse o sábado 6 de setembro cunha sesión vermú e churrascada veciñal tamén animada polo DJ Francis, para a cal será preciso anotarse previamente coa comisión.

Pola súa parte, Taboi festexará a San Pedro os días 27, 28 e 29 de xuño. Hoxe, a partir das 22:00 horas, ofrecerase unha churrascada popular gratuíta para todas as persoas asistentes, seguida dunha verbena coa Discomóbil DBC. Durante a festa sortearanse diversos agasallos entre o público presente. O sábado 28 celebrarase a misa ás 13:30 horas, con procesión e sesión vermú coa orquestra canaria Nueva Fuerza, que tamén será a encargada da verbena nocturna. O domingo 29, a festa comezará coa misa ás 14:00 horas e a tradicional procesión acompañada por gaitas galegas, seguida dunha sesión vermú prolongada coa música do dúo Son de Festa. A organización tamén anuncia pinchos variados durante a sesión vermú.

⚙ Configurar cookies
0.25400304794312