Tamara García e Emilio Montilla do Biosbardo, ouro en Carballo

LugoXa
Os deportistas volveron a estar en múltiples probas da xeografía galega destacando os resultados acadados no 10k de Carballo
tamara_garcia_biosbardo_carballo
Tamara García, no podio
3 Jun 2024

Os deportistas do Biosbardo volveron a estar en múltiples probas da xeografía galega destacando os resultados acadados no 10k de Carballo. O domingo día 2 , a localidade coruñesa albergaba o Campionato de Galicia de 5k, pero os atletas, centrados na súa preparación e nos seus obxectivos decidiron correr a proba dos 10k.

Gran progreso de Tamara García que ficaba a pouco da súa mellor marca persoal facéndose co ouro sénior. Foi unha proba marcada polo vento onde Tamara tardaría uns minutos en sentirse cómoda, entrando finalmente como cuarta absoluta, a moi poucos segundos do podio xeral da competición (da segunda á cuarta entraron nunha franxa de 30’’); facéndose coa vitoria de categoría.

Unha situación similar vivía Emilio Montilla, encontrándose fóra de carreira durante a metade do percorrido, foi nos últimos 5 quilómetros donde apareceron as sensacións e comezou a remontada facéndose coa vitoria de categoría veterana.

0.15830588340759