Tamara López Fernandez presenta o seu libro sobre o franquismo no Pazo de San Marcos

LugoXa
O libro é un estudo transversal sobre a delincuencia común que tivo lugar no Partido Xudicial de Lugo entre 1945 a 1966, anos de consolidación da ditadura franquista
Pazo-San-Marcos-Lugo
23 Apr 2025

A doutora en Servizos Culturais e investigadora, Tamara López Fernandez, presenta o vindeiro martes, 29 de abril, ás 20.00 horas, o libro 'A marxe da lei. A delincuencia común en lugo durante o franquismo (1945-1966)' no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.

Editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o libro é un estudo transversal sobre a delincuencia común que tivo lugar no Partido Xudicial de Lugo entre 1945 a 1966, anos de consolidación da ditadura franquista, ofrecendo tipoloxías, apuntando tendencias e describindo perfís das persoas que quedaron reflectidas en causas, sentenzas e outros tipos de docuemntación xudicial.

A análise, atenta á perspectiva de xénero e ao rural, permite un achegamento “ás multiples facianas da vida cotiá de luguesas e luguesas sobre todo das clases subalternas” e sinala “os tribunais ordianrios como unha ferramenta máis de imposición dos valores da ditadura franquista”.

Tamara López Fernández é doutora en Estudos Culturais, cun Máster en Servizos Culturais e Graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela, é investigadora no Instituto de História Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa. Forma parte do Grupo de Investigación Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).

As súas liñas de investigación prioritarias abordan o estudo da delincuencia común no franquismo, prestando especial atención á perspectiva de xénero e á infancia. Actualmente abriu unha liña de estudos en chave comparada coa ditadrua de Salazar e en relación coa violencia exercida contra as mulleres en ditadura.

⚙ Configurar cookies
0.17142295837402