Tambukda continúa co seu curso de batucada na estación de autobuses de Lugo
O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, visitou as instalacións da Tambukda onde se está a realizar o curso gratuíto explorando o mundo da percusión co que colabora a área de Cultura e que permitirá a todas as persoas que o desexen aprender de xeito gratuíto a participar nun grupo de batucada.
Trátase dunha formación de iniciación que permitirá coñecer as bases da batucada, facilitando o achegamento desta forma de expresión artística. O curso celebrarase nas noites dos xoves, entre as 20.00 e as 21.00 horas, dende o 7 de marzo ata o 2 de maio nas instalacións de Tambukda na estación de autobuses.
Tambukada é un grupo aberto a toda persoa interesada en aprender batucada. Para isto, contan con varios niveis de formación, desde a iniciación, onde se pode entrar sen ter coñecementos musicais previos. No grupo avanzado trabállanse os bloques e coreografías que o grupo amosa nas exhibicións.