Tanxarina retoma este sábado a programación da casa-museo Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
A histórica compañía de teatro de títeres e obxectos, Tanxarina, dará inicio á nova programación cultural de inverno da Casa-Museo Manuel María, que comeza este sábado, 20 de xaneiro, ás 17 h, coa representación de un dos seus espectáculos clásicos, Titiricircus.
tanxarina casa museo manuel maria portada
16 Jan 2024

A histórica compañía de teatro de títeres e obxectos, Tanxarina, dará inicio á nova programación cultural de inverno da Casa-Museo Manuel María, que comeza este sábado, 20 de xaneiro, ás 17 h, coa representación de un dos seus espectáculos clásicos, Titiricircus. Tanxarina é unha compañía, conformada polos actores e titiriteiros Tatán, Miguel e Andrés, que vén de facer catro décadas de existencia con espectáculos para público familiar, todos eles existosos, como A cazola de Lola, A galiña azul, As bombas e o xeneral... e cos máis importantes premios do teatro galego.

A compañía de Redondela traerá este sábado, a Outeiro de Rei, unha peza con máis de mil quiñentas representacións, que é un recordo ensoñador e festivo do grande circo de carpa alta e biocolor. Dous traballadores daquel circo lembran con monicreques de fíos as glorias do seu pasado na pista. Así, nun permanente xogo co público que asista á función, irán aparecendo os números máis importantes daquel vello circo desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailador do mundo...

Para asistir ao espectáculo é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698 177 621. A representación vai dirixida para nenos e nenas a partir de catro anos e familias.

0.17595195770264