Teatro Ghazafelhos representa 'Lúa' no MIHL, que achega aos máis cativos valores como a tolerancia

LugoXa
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle este xoves a partir das 18.
lua_portada
5 Mar 2024

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle este xoves a partir das 18.00 horas o espectáculo familiar de Teatro Ghazafelhos, Lúa. Da man de Lúa, o público percorrerá o mundo dos maiores cos ollos da infancia. Descubrirán a importancia da tolerancia e de abrir as fronteiras no país das pernas e o país dos brazos.

A través da obra, que está recomendada a partir dos 5 anos, tamén se aprenderá a compartir no país da choiva; a levantar a vista e apreciar o mundo que nos rodea no país dos espellos; a vivir en paz e non usar a violencia no país da guerra...

As entradas, que son de balde, xa poden adquirise a través da web. As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18567204475403