“Temos un repertorio persoal con temas adaptados a nós”

LugoXa | TerraChaXa
Bamboleo é unha nova formación creada en Rábade con músicos chairegos
charanga-bamboleo-rabade
29 Jun 2025

Cando se creou Bamboleo?

Creouse a inicios do 2025, estreándose no Entroido da Pobra de San Xiao e na Festa do Caldo de Osos.

Como xurdiu a idea?

A idea xurdiu de Nacho e José, ambos profesores de música en colexios de Lugo e Vilalba. Vendo a evolución musical e o cambio xeracional que está a haber nas festas, notamos que hai cada vez máis unha demanda de música de rúa, en directo e en pequeno formato, pero que interprete música actual e pop e rock, para amenizar vermús, tardeos, romarías e festas. Este cambio musical veu en parte porque a mocidade e a xente de mediana idade xa non é exclusivamente que se relacione de noite, senón prefire apostar por outro formato, de feito de aí o auxe das pequenas formacións de dúos, tríos, dj, e as orquestras xa hoxe en día practicamente destinadas o ocio nocturno. Entón nós o que ofrecemos é unha formación moi similar a unha orquestra xa que temos os mesmos instrumentos, un repertorio moi parecido, pero cun formato loxístico moito máis reducido cun equipo de son e iluminación destinado ó pequeno formato para un público de rúa, en praza, ou vodas comuñóns.

Son todos da comarca. De onde?

Case todos, menos o trombonista Juan Carlos que é de Celanova. O resto somos de Friol, Outeiro de Rei, Vilalba, Portomarín e Lugo.

Como se escolleu o nome?

Pensouse nun nome moi coñecido con forza e sinxelo de recordar, Bamboleo é sinxelo, fácil e moi arraigado debido ó programa da TVG.

Tamén veñen todos doutras formacións?

Case todos somos músicos moi experimentados incluso de grandes formacións de Galicia, digamos que temos grandes músicos que pasaron por orquestras e que agora apostaron máis pola docencia e deixaron o mundo da verbena.

Onde comezaron a actuar?

O 1 de marzo na Festa Caldo Osos Taboada e o 3 de marzo na Pobra San Xiao o entroido. Tamén este 3 de maio en Cotá, Friol, amenizamos a vermú dunha voda.

E que teñen no calendario?

Temos en agosto, porque xuño e xullo non collemos moitas datas de momento porque non estamos tan dispoñibles porque nos centros educativos temos moito traballo de fin de curso. En agosto si que temos xa datas cerradas en Castro de Rei varias, Bóveda, Corgo e reservadas algunhas

Cal é o seu repertorio?

Un repertorio moi persoal, cada tema foi adaptado e arranxado só para nós, de feito temos arranxistas de grandes orquestras como Satélites ou Panorama, apostamos por un repertorio moi bailable de merengues, musica actual versionada a merengue, moito pop e rock galego, clásicos como un mix dos Tamara ou dos Billos Caracas, e incluso un merengue propio o merengue Bamboleo. Cabe destacar que as letras da canción a maior parte son versionadas ó galego, apostando pola nosa lingua.

Que obxectivos teñen?

O obxectivo deste ano e estabilizarse, darse a coñecer, e dar a coñecer un concepto diferente, e dicir asentarse como formación, e que saiban de nós. A longo prazo, que nos vexan como unha formación que pode amenizar tanto unha vermú, un pasarrúas, un tardeo, voda ou calquera evento de pequeno formato, e dicir, non poden levar unha orquestra por falta de espazo ou presuposto, pois que saiban que Bamboleo é como unha miniorquestra.

Buscades máis xente?

Agora mesmo entre os oficiais e a xente que temos para substituír baixas estamos bastante completos, pero se alguén quere unirse pode.

⚙ Configurar cookies
0.19327688217163