Tino Saqués anuncia que sairán a licitación as obras para a reforma do Anxo Carro

LugoXa
Ademais, tamén se referiu á cidade deportiva, comentando que se está a facer un estudo para "integrar o total de instalacións e poder facelo por fases"
Tino-Saqués
19 Nov 2024

O presidente do Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, falou da actualidade do club e dos equipos que forman parte da entidade, o primeiro equipo de Primeira RFEF e os equipos da canteira e o feminino.

Así, fixo unha valoración da evolución dos equipos desde o ano pasado e o comezo desta tempada, destacando a "calidade dos xogadores e o equipo técnico".

Por outra banda, anunciou que a asemblea do Club será a finais de decembro e indicou que xa se están dando pasos para que a reforma do estadio sexa unha realidade. "Xa vai saír a licitación para as reformas do estadio Anxo Carro, cumprindo cos prazos da licitación e da posta en marcha das obras", explicou Tino Saqués.

Ademais, tamén se referiu á cidade deportiva, comentando que se está a facer un estudo para "integrar o total de instalacións e poder facelo por fases". Polo que están buscando diferentes axudas e fondos para poder acometer a primeira fase "con total garantía". Así, sostivo que "nos gustaría ir máis rápido, pero a situación é a que é, xa que Primeira RFEF é unha categoría deficitaria e é difícil acometer todas as obras que nos gustaría facer", concluíu.

0.20218396186829