Tirimol acollerá unha xornada técnica-informativa sobre o proxecto LUGAZ o 18 de febreiro

LugoXa
O encontro ten como obxectivo ofrecer información detallada sobre esta iniciativa, así como contextualizar e desmitificar as problemáticas asociadas a este tipo de proxectos
local-social-de-Tirimol-Lugo
15 Feb 2026

O Local Social de Tirimol será escenario o vindeiro mércores 18 de febreiro dunha xornada técnica-informativa centrada no proxecto LUGAZ. A convocatoria está aberta a toda a veciñanza e dará comezo ás 20.00 horas.

O encontro ten como obxectivo ofrecer información detallada sobre esta iniciativa, así como contextualizar e desmitificar as problemáticas asociadas a este tipo de proxectos. Ademais, habilitarase un espazo para escoitar as demandas, dúbidas e inquedanzas da veciñanza.

Na xornada intervirán Elena Candia, portavoz do grupo municipal do PP, e Juan Castro, investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), quen achegarán unha visión política e técnica sobre o proxecto.

Dende a organización subliñan a importancia da participación cidadá nun asunto que esperta interese e debate social, animando a toda a veciñanza a asistir e formar parte do diálogo.

⚙ Configurar cookies
0.1034300327301