Tirimol, en Lugo, celebra ao San Xoán

Tirimol está de festa. Este xoves, 23 de xuño, arrancan as patronais desta parroquia do municipio de Lugo, e farano cunha gran churrascada veciñal que estará amenizada polo dúo D'Vicio.
A misa solemne na honra de San Xoán terá lugar o venres dende as 13.00 horas. Ao rematar, terá lugar a sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita, formación que tamén tocará na verbena da noite, na que estarán acompañados da actuación do Dj Marcos Magán.
O sábado, 25 de xuño, será a última das xornadas destas grandes festas que comezará, de novo, ás 13.00 horas con misa solemne. A nota musical da sesión vermú e a verbena correrá a cargo do dúo Carpe Diem.
