Títeres Alakrán actuarán este sábado na Casa Museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Títeres Alakrán traen este sábado, 14 de outubro, ás 17 h, á Casa-Museo Manuel María o seu último espectáculo, A pita xefa.
a pita xefa outeiro de reimportada
11 Oct 2023

Títeres Alakrán traen este sábado, 14 de outubro, ás 17 h, á Casa-Museo Manuel María o seu último espectáculo, A pita xefa. A peza de monicreques é unha adaptación da obra homónima de Marta Lado, que foi gañadora en 2021 do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.

A peza dirixida ao público familiar, e especialmente para nenas e nenos entre catro e once anos, anima a cuestionarse dun xeito divertido os esquemas sexistas dominantes. Protagonizada por unha pita que pode facer moitas cousas como salto de lonxitude, bailar claqué... mais, sobre todo, pode conseguir o máis importante, mudar as normas do galiñeiro.

A escenografía, monicreques e interpretación desta obra de corenta e cinco minutos foi feita por Borja Insua (Títeres Alakrán), un titiriteiro asiduo dos festivais de marionetas que se celebran en Galiza, a Península Ibérica e en América, e que nestes últimos anos levou a cabo propostas moi atractivas e exitosas como Circo Galaico ou a baseada no libro de Manuel María, Os soños na gaiola.

A Casa-Museo Manuel María lembra que para asistir a esta representación é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 (billete: 2 euros)

a pita xefa outeiro de rei

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18484902381897