Toma de posesión sen cambio ao esperado agás en Monterroso, que será popular
Xornada sen moitos cambios na zona centro de Lugo, onde só quedaba por desvelar o que ía pasar en Monterroso. Finalmente Eloy Pérez será o alcalde da localidade pola falta de entendemento dos outros partidos. Difícil situación para o novo alcalde, que gobernará en minoría.
Foi a popular a lista máis votada por una mínima diferenza (non chegou aos dez votos) nun consistorio no que cinco partidos obtiveron representación.
No resto da comunidade, sen sorpresas. Na capital, Lara Méndez tomou hoxe posesión como rexedora de Lugo por terceiro mandato consecutivo nun salón de Plenos ateigado de cidadáns: “Esta é a terceira vez que me presento ante todos vós asumindo un dos retos máis apaixonantes da miña vida, ser a alcaldesa da cidade que elixín para asentar, desenvolver e compartir o meu proxecto de vida, o municipio no que decidín que quería ver medrar o que máis quero, á miña filla”.
A rexedora, emocionada, agradeceu a confianza dos e das lucenses para “seguir liderando un gran proxecto progresista e transformador”, polo que hoxe, dixo, “co mesmo orgullo e ilusión que no primeiro mandato, selo unha nova alianza de traballo e afecto coa veciñanza de Lugo para os vindeiros catro anos”.