Toma posesión no Concello de Lugo da nova responsable de Educación

LugoXa
Beatriz Pérez Traseira será a nova xefa do Servizo e a súa incorporación reforzará o equipo técnico de Educación
Toma-Posesion-xefa-servizo-Educacion
18 sep 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu esta mañá a toma de posesión de Beatriz Pérez Traseira como nova xefa do Servizo de Educación do Concello de Lugo, nun acto ao que tamén asistiu o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández. Esta incorporación faise en comisión de servizo, mentres a titular da praza exerce as súas funcións noutra administración.

A rexedora trasladoulle os seus parabéns a Beatriz Pérez, destacando que a súa incorporación reforzará o equipo técnico de Educación, “clave para construír o futuro da nosa cidade”. Alvarellos subliñou a importancia de seguir apostando por políticas educativas inclusivas e innovadoras, co fin de mellorar a calidade de vida da cidadanía.

“Estamos convencidos de que Beatriz realizará un labor excepcional nesta nova etapa, e confiamos plenamente na súa capacidade para levar adiante proxectos, no tempo que traballe dentro desta casa, que beneficien ao conxunto da comunidade educativa lucense”, afirmou Paula Alvarellos.

Deste xeito, a chegada de Beatriz Pérez Traseira complementa as recentes incorporacións levadas a cabo noutras áreas do equipo municipal e fortalece o compromiso do Concello con aqueles ámbitos clave que, como a educación, son motor de progreso e igualdade.

0.19516801834106