Toman posesión da praza 7 novos axentes da Policía Local de Lugo
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, e polo Inspector José Manuel Río Espiño, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de sete novos axentes que se incorporarán á Administración local logo de superar o correspondente proceso selectivo –oposición en quenda libre– convocado pola Academia Galega de Seguridade.
Os novos axentes son Juan José Beceiro méndez; Romina Barrero López; Miguel Marciel Calaza; Javier Prado de la Torre; Sergio Fontán Fontecoba; Tania Moreira Fernández; Jesús González Iglesias. A rexedora trasladou os seus parabéns a todos os efectivos polo seu nomeamento, desexándolles sorte no desenvolvemento do seu cometido, “dunha gran relevancia e responsabilidade, sempre ao servizo público de Lugo e da súa veciñanza”.
Deste xeito, Paula Alvarellos deu a benvida aos novos axentes e destacou o importante labor que realiza a Policía Local en prol da convivencia cidadá.