Tomé acusa ao PP de ser o partido das mentiras e do xogo sucio

LugoXa
O secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, subliñou este martes que o voto a José Ramón Gómez Besteiro “é o único útil” para conseguir un “cambio seguro e tranquilo” na Xunta de Galicia, e sacar así do Goberno galego ao PP, “o partido das mentiras e do xogo sucio”.
13 Feb 2024

O secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, subliñou este martes que o voto a José Ramón Gómez Besteiro “é o único útil” para conseguir un “cambio seguro e tranquilo” na Xunta de Galicia, e sacar así do Goberno galego ao PP, “o partido das mentiras e do xogo sucio”.

O Partido Popular ten “a mentira como forma de facer política. Míntelle a todos os galegos, a todos os españois, e ata lle minte aos seus propios votantes á cara, como confirmou o propio Feijóo coa amnistía e os indultos”, subliñou José Tomé. “Botaron meses atacando ao Goberno de España, atacando a todos os socialistas, con sinalamentos, con acoso e con manifestacións, berrando, en España e en Europa, que se ía romper España, que é unha humillación, unha claudicación ou unha indignidade. E resulta que eles negociaron por detrás cos independentistas indultos individualizados, á carta, a Puigdemont, e que estudiaron a amnistía”, recalcou.

“Rueda está atado ás mentiras de Feijóo, e ten que aclarar de inmediato se coñecía as negociacións de Feijóo con Puigdemont sobre os indultos e a amnistía. Non pode esconderse”. A postura con respecto á amnistía e os indultos “é outra gran mentira do Partido Popular, como as tantas que levamos soportando os lucenses de Feijóo e Rueda dende hai quince anos. Feijóo dixo no 2009 que ía traer o AVE a Lugo, e non fixo nada. No 2020 dixo que ía solucionar o problema de Alcoa, e non fixo nada. Feijóo mentiu cos floteis, coas caixas de aforros... Mentiu dicindo que o PP votara a favor da suba das pensións, cando votaron en contra, e mentiron na crise dos pellets”.

“Chegou o momento de plantarse, de dicir basta xa. Os lucenses e os galegos non merecemos estar gobernados por un partido que nos minte”, asegurou o secretario xeral do PSdeG na provincia. José Tomé recalcou que estas son “as eleccións dun cambio en Galicia liderado por Besteiro. O cambio seguro e tranquilo que necesitamos e que merecemos, para acabar co parón e coa incompetencia do PP, e tomar impulso, avanzar e coller o tren do futuro no que xa está o resto de España grazas ao Goberno de Pedro Sánchez”. O socialista incidiu en que José Ramón Gómez Besteiro representa a única alternativa útil para conseguilo, “ten liderado, experiencia de xestión, proxecto de futuro para o noso país, un gran equipo, e ten capacidade de diálogo e de colaboración co Goberno do Estado, pero tamén coas deputacións e cos concellos, para remar todos xuntos”.

0.088418006896973