Tomé dá a benvida a novos letrados ao Colexio de Avogados de Lugo

LugoXa
O Presidente da Deputación participou nos actos do Colexio de Avogadosde Lugo para dar a benvida aos novos letrados
Colexio Avogados Lugo
8 Xul 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu a benvida hoxe, dentro dos actos que o Ilustre Colexio de Avogados de Lugo organizou, aos novos letrados e
letradas. Unha cita, que tivo lugar no salón da sede colexial, e na que Tomé Roca foi testemuña da xura dos novos membros do Colexio e da imposición das togas.

A directiva distinguiu tamén os méritos de diferentes profesionais da avogacía en Lugo coa entrega de medallas e da insignia de ouro en recoñecemento das súas traxectorias. O mandatario provincial felicitou ás novas incorporacións do colexio e trasladou os seus parabéns aos diferentes homenaxeados, salientando que “unha avogacía forte é fundamental para garantir a boa saúde do noso Estado social e democrático de Dereito, porque os avogados e as avogadas procuran a diario a aplicación efectiva dos dereitos”.

Neste acto participaron tamén o Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fernando Suances, a Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Paula Alvarellos, e o Xeneral de Brigada da Garda Civil, Miguel Ángel González, entre outras autoridades.

0.24470186233521