Tomé preside a primeira reunión da nova executiva do PSOE, conformada no congreso do 10 de maio

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Na xuntanza definíronse as liñas de traballo, a estrutura de funcionamento da Executiva e o calendario para a renovación das Comisións
reunion-executiva-psoe-provincia-lugo
21 May 2025

O secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes a primeira reunión de traballo da nova Comisión Executiva Provincial, tras a súa elección no 5º Congreso celebrado o pasado 10 de maio.

Na xuntanza quedou formalmente constituída a Executiva que, como destacou Tomé, “será máis áxil, mellor coordinada e centrada en reforzar a presenza do partido en toda a provincia”.

Durante a reunión, a Executiva acordou a súa organización interna e estableceu o funcionamento e a periodicidade das reunións. Así mesmo, aprobouse o calendario e o procedemento para a renovación das Comisións Executivas Municipais, un proceso que se porá en marcha nos vindeiros días en todas as agrupacións locais e que deberá estar completado antes do 30 de xuño.

José Tomé subliñou que “tras un Congreso que supuxo un punto de inflexión, a nova Executiva inicia esta etapa con enerxía renovada, preparada para traballar con rigor, con coordinación e coa mirada posta no territorio”.

O líder socialista engadiu que “o noso compromiso é claro: estar ao carón das agrupacións, escoitar á militancia e reforzar a presenza e o traballo do partido en toda a provincia”.

⚙ Configurar cookies
0.15650415420532